Artist: 
Search: 
Reddit

The Homens - Calamar lyrics

Mírate: non hai tempo que perder.
Fuxirei por un desaugue cando me queiras coller,
pero estou paralizado polas túas ondas cerebrais.
Es un foguete de feira, es un puto charlatán.

Mírame: quero ser un calamar,
pasear polas Marianas e saberche escapar,
pero botas merda en ondas, e vainos enterrar.
Es experto en radiestesia, es un puto electroimán.

Prefiro saltar a falar de saltar,
prefiro nadar e non pensar,
porque cargas, porque me matas.
Prefiro marchar sen avisar.

Mírame: quero ser un calamar,
pasear polas Marianas e saberche escapar,
pero estou paralizado polas túas ondas cerebrais.
Es un foguete de feira, es un puto charlatán.

Prefiro follar a falar de follar,
prefiro nadar e non pensar,
porque cargas, porque me matas.
Prefiro marchar sen avisar.

Prefiro cantar a falar de cantar,
prefiro nadar e non pensar,
porque cargas, porque me matas.
Prefiro marchar sen avisar.

Prefiro follar a falar de follar,
prefiro nadar e non pensar,
porque cargas, porque me matas.
Prefiro marchar sen avisar, calamar.