Artist: 
Search: 
Reddit

Luar Na Lubre - María Soliña lyrics

Polos camiños de Cangas
A voz do vento xemía:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

As ondas do mar de Cangas
Acedos ecos traguían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

As gaivotas sobre Cangas
Soños de medo tecían:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas
Anda un terror de auga fría:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.

Polos camiños de Cangas
A voz do vento xemía:
Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.