Artist: 
Search: 
Reddit

BraAgas - A Que Por Gran Fremosura lyrics

A que por gran fremosura é chamada Fror das frores,
mui mais lle praz quando loam seu nome que d'outras loores.

Desto direi un miragre, segundo me foi contado,
que avo a un monge bõo e ben ordinado
e que as oras desta Virgen dizia de mui bon grado,
e mayor sabor avia desto que d'outras sabores.

A que por gran fremosura é chamada Fror das frores...

Este mui bon clerigo era e mui de grado liia
nas Vidas dos Santos Padres e ar mui ben escrivia,
mais u quer que el achava nome de Santa Maria
fazia-o mui fremoso escrito con tres colores.

A que por gran fremosura é chamada Fror das frores...

Ond' aqueste nome santo o monge tragia sigo
da Virgen Santa Maria, de que era muit' amigo,
beyjando o ameu de por vençer o amigo
diabo que sempre punna de nos meter en errores.

A que por gran fremosura é chamada Fror das frores...